Cygnus é un xénero de aves da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos coñecidas vulgarmente como cisnes. Son aves acuáticas de gran tamaño, que se emparellan de por vida.
A maioría das especies de cisne son brancas, aínda que en Australia existe unha especie, o cisne negro, de plumaxe de cor negra (aínda que adoita ter manchas brancas baixo as ás; ademais o seu bico é vermello, en vez de amarelo ou negro, como nas outras especies. Este cisne é o emblema oficial estatal de Australia Occidental.
Por outra parte, no cono sur suramericano existe o cisne de pescozo negro.
Especies Segundo a clasificación de referencia (versión 2.2, 2009) do Congreso ornitolóxico internacional, recoñécense 6 especies (xa que o cisne de Bewick, antes considerado especie independente, Cygnus bewicii, agora se considera como unha subespecie de Cygnus columbianus): SIIT.
Cygnus columbianus - Ártico Norteamérica, Europa e Asia, hibernan no sur. Cygnus columbianus bewickii - Cisne de Bewick. Siberia, inverna nas cotas do mar do Norte, mar Caspio, mar Amarelo e o Xapón. Cygnus cygnus - Cisne grande ou cisne cantor. Subártico Europa e Asia, inverna no sur. Cygnus buccinator - Cisne trompeteiro. Subártico Norteamérica, inverna no sur. Cygnus olor - Cisne común ou cisne real. Europa temperada (incluída Galicia e Asia, residente. Cygnus atratus - Cisne negro, Australia, residente ou nómade. Cygnus sumnerensis (†) - Cisne negro de Nova Zelandia, extinguido en época prehistórica. En Nova Zelandia introduciuse posteriormente o Cygnus atratus. Cygnus melancoryphus - Cisne de pescozo negro. Sueste de Suramérica, inverna no norte.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vídeos de cisnes en Internet Bird Collection Anseriformes en zoonomen.net Cygnus en ITIS
Categoría:Anátidos