Carlos García Bayón, nado en Caldas de Reis o 1 de outubro de 1914 e finado en Xuño (O Porto do Son) o 20 de xullo de 2003, foi un mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En decembro de 1937 Gustavo Kruckenberg nomeouno delegado local de Prensa e Propaganda en Caldas de Reis, e en febreiro de 1938 foi destinado como mestre a Palmeira (Ribeira). En Ribeira fundou en 1946 o Colexio Bayón, despois musealizado.
Foi cronista oficial de Ribeira desde 1983 e Boiro. A partir de 1956 colaborou en diversas publicacións e catálogos como Compostela monumental (1993).
Obras Los caminos de Santiago en Galicia, 1991. Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 1997. Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal, 1998. Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 2000. Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido, 2001. Recoñecementos Premio periodístico sobre Padrón y sus Hijos Ilustres (1960), polo artigo "Tres esperanzas y una rosa" publicado en La Voz de Galicia Premio Pérez Lugín (1961) Premio Fernández Latorre (1965) Premio de xornalismo Julio Camba (1982)
Medalla de Prata do Mérito Turístico (1989)
Premio Fenosa Medalla Castelao (1999) Unha rúa leva o seu nome na súa vila natal.
Vida persoal
Casou en 1938 na igrexa de San Nicolao da Coruña con Pilar Vigo Rodríguez, falecida en 1945. Foron pais de Carlos García Vigo. Tempo despois casou con Dolores Ares Pego.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Cronistas de Ribeira
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes