Osmosis Jones é un filme estadounidense dirixido nos segmentos animados por Tom Sito e Piet Kroon, e nos de acción en vivo polos irmáns Farrelly. Pouco habitual neste xénero, as personaxes animadas están dentro das de acción en vivo.
Sinopse Frank Detorri (Bill Murray) non goza de boa saúde: aliméntase con comida rápida, non fai exercicio e maltrata o seu corpo de tódalas formas posibles. Esta forma tan pouco sa de vivir fai que o corpo de Frank sexa un campo de batalla no que se enfrontan as máis diversas bacterias. O día no que consome un ovo duro que recolle do chan, queda ó descuberto que dentro de Frank hai toda unha cidade orgánica, onde pequenas personaxes imitan a vida humana.
Personaxes Animación Chris Rock como Osmosis "Ozzy" Jones Laurence Fishburne como Thrax David Hyde Pierce como Drix Brandy Norwood como Leah Estróxeno William Shatner como Alcalde Phlegmming Ron Howard como Tom Colonic
Acción en vivo Bill Murray como Frank Detorre Elena Franklin como Shane Detorre Molly Shannon como Mrs. Boyd Chris Elliott como Bob
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter e Bobby Farrelly Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Massachusetts