Luna ou Luna 8K72, código GRAU 8K72 e tamén coñecido como Vostok-L, foi o nome dun modelo de foguete espacial soviético activo entre 1958 e 1960.
Características O 8K72 foi un foguete derivado do mísil R-7 (do que derivan tamén outros foguetes, como o lanzador Soiuz). Foi desenvolvido nos inicios da era espacial como medio para lanzar as primeiras sondas luares e foi o primeiro lanzado soviético en resolver o problema da ignición dunha etapa de foguete en gravidade cero.
Luna foi lanzado un total de nove veces, todas desde o cosmódromo de Baikonur, con cinco fallos e un éxito parcial.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 23 de setembro de 1958 Luna 1a Fallo Primeiro voo dun Luna. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. 2 11 de outubro de 1958 Luna 1b Fallo Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. 3 4 de decembro de 1958 Luna 1c Fallo Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno. 4 2 de xaneiro de 1959 Luna 1 Éxito Primeiro voo exitoso dun foguete Luna. 5 18 de xuño de 1959 Luna 2 Fallo O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra. 6 12 de setembro de 1959 Luna 2 Éxito 7 4 de outubro de 1959 Luna 3 Éxito 8 15 de abril de 1960 Luna 4a Fallo parcial A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou nunha traxectoria suborbital que o levou ata os 200.000 km de altura antes de volver a caer á Terra. 9 16 de abril de 1960 Luna 4b Fallo Último lanzamento dun foguete Luna. Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita.
Notas
Categoría:Foguetes espaciais