thumb|Selo conmemorativo da aterraxe da Luna 24, unha sonda de tipo Luna Ye-8-5-M. Baixo o nome de Luna Ye-8-5-M atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por tres membros e cuxa misión era aterrar na Lúa e traer mostras da superficie lunar de volta á Terra.
Características A misión das sondas Luna Ye-8-5M era aterrar na superficie lunar, recoller unha mostra de solo e devolvela á Terra dentro dunha cápsula.
Lanzáronse tres sondas modelo Luna Ye-8-5M, unha das cales (Luna 24) tivo éxito e trouxo á Terra un total de 170,1 gramos de solo lunar.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 28 de outubro de 1974 Luna 23 Fallo A sonda chegou a aterrar na superficie lunar pero non puido tomar mostras de solo. En 2012 a sonda americada LRO fotografou a alta resolución a zona de aterraxe de Luna 23, mostrando que estaba caída de lado. 2 16 de outubro de 1975 Luna 24a Fallo Fallo do foguete lanzador. 3 9 de agosto de 1976 Luna 24 Éxito A sonda aterrou con éxito e devolveu á Terra 170,1 gramos de solo lunar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-LS
Categoría:Programa Luna