Brazo y Cerebro foi un periódico editado na Coruña de 1935 a 1936.

Historia e características Quincenario anarquista, apareceu o 1 de maio de 1935. Foi o voceiro das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da Coruña. Tiraba entre 2 000 e 3 000 exemplares que se distribuían en Galicia e tamén entre os emigrantes galegos en América simpatizantes das ideas libertarias. Sobreviviu coa axuda dos sindicatos coruñeses.La Voz de Galicia, 15-6-1935, p. 2. Careceu de director porque foi alentado por un grupo editor no que figuraron Idelfonso González Gil, José González, Arturo Meirás e Antonio Fournerakis. Antonio Varela Miguélez foi o administrador. O seu obxectivo era a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista etc. O seu contido transcendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica. Entre os seus colaboradores destacan Diego Abad de Santillán, o teórico anarquista francés Sebastián Faure, o escritor arxentino Rodolfo González Pacheco e o oftalmólogo ourensán José Pardo Babarro. Cesou a súa publicación o 18 de xullo de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1935 en Galicia