O Chinatown de Liverpool (chinés 利物浦 唐人街; pinyin: lì wù pŭ táng rén jiē) é un barrio situado na zona sur desta cidade inglesa, preto da catedral de Liverpool, e é o fogar da máis antiga comunidade chinesa de Europa.

Características

O arco da entrada ó barrio, que ten varias portas, é o meirande do seu tipo que existe fóra da China. O meirande arco cunha soa porta é o de Washington, D.C.

Segundo estimacións do estado do ano 2007, o 1,7% da poboación de Liverpool é chinesa (arredor de 7.400 persoas), converténdose no único gran grupo étnico non branco da cidade. Pola contra, a Organización Internacional da Migración estimou que o número de chineses de Liverpool podería chegar a 25.000 ou 35.000 persoas. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Chinatown

Categoría:Liverpool Categoría:Cultura da China