A catedral de Estrasburgo ou catedral da Nosa Señora de Estrasburgo (en , en ), é unha catedral católica de Estrasburgo, Francia. Malia que partes considerables dela pertencen á arquitectura románica, é amplamente consideradaSusan Bernstein: Goethe's Architectonic Bildung and Buildings in Classical Weimar , The Johns Hopkins University Press"Strasbourg Cathedral Hangs On" , The Christian Science Monitor, 13 de outubro de 1991"Art: France's 25" , Time, 2 de abril de 1945 como un exemplo de arquitectura gótica. O arquitecto alemán Erwin von Steinbach foi o responsable da construción debida ás súas contribucións dende 1277 ata a súa morte en 1318.

Con 142 metros de altura, foi o edificio máis alto do mundo entre 1647 e 1874, momento no cal foi superado por Igrexa de San Nicolás, Hamburgo. Hoxe en día, é a sexta igrexa máis alta do mundo, e a máis alta estrutura aínda en pé construída durante a Idade Media.

Descrita por Victor Hugo como unha "xigantesca e delicada marabilla", a catedral é visible dende as chairas de Alsacia e pode ser vista dende os Vosgos ou a Selva Negra na outra beira do Rin.

Galería de imaxes

Notas

Estrasburgo Categoría:Igrexas católicas de Francia Estrasburgo