Para outros artigos de persoas chamadas Joaquín Patiño, véxase a páxina de homónimos Joaquín Patiño (homónimos)
Joaquín Patricio Patiño Vales, nado cara a 1865 e finado na Coruña o 7 de marzo de 1933, foi un sindicalista, mestre racionalista e librepensador galego.
Traxectoria Membro da agrupación socialista da Coruña en 1911, presidiu en 1913 a Sociedad de Profesiones Varias e participou no Centro de Estudios Sociales Germinal. De 1913 a 1914 dirixiu a escola racionalista Escuela Integral e de 1914 a 1917 a denominada La Luz. En abril de 1916 pronunciou unha conferencia sobre "Orientación obrera" en El Despertar Marítimo.La Voz de Galicia, 8-4-1916, p. . Foi colaborador habitual de La Voz del Obrero. Pasou un tempo recluído no manicomio de Conxo, de onde saíu grazas ás presións de Germinal. Foi o representante dos librepensadores coruñeses no mitin anticlerical de 1917. Instalou un quiosco na Coruña en 1918.El Orzán, 28-3-1918, p. 2. A comezos da República rexentaba unha academia na rúa da Falperra. Finou na Coruña o 7 de marzo de 1933 con 67 anos.La Voz de Galicia, 8-3-1933, p. 4, 5.La Voz de Galicia, 9-3-1933, p. 5.
Vida persoal
Foi parella de Josefa Valiño Bouza, con quen casou en novembro de 1932.La Voz de Galicia, 13-11-1932, p. 5.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Personalidades do ensino de Galicia
Categoría:Anticlericais Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1933