Lumeiras (Lumeras en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, situado na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 18 habitantes.
Patrimonio Lumeiras ten unha arquitectura tradicional típica dos Ancares, con edificios construídos con cachotaría e tellados de lousa. Algunhas casas sufriron modificacións e obras para acomodar mellor aos seus habitantes, e xa non presentan un aspecto tradicional. O punto central da poboación é a Praza do Cristo, onde se sitúan a igrexa de Lumeiras, e a antiga escola de Lumeiras, hoxe rehabilitada e usada para fins diversos. Na mesma praza hai unha fonte flanqueada por dous piares de auga, que servían antano como bebedoiros para os animaishttp://www.candin.ccbierzo.net/portalBierzo/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=2131&language=es&codResi=9&codMenuPN=1042&codMenuSN=3032&codMenu=3021 ↑ http://www.candin.ccbierzo.net/portalBierzo/p_20_contenedor1.jsp ?.
A zona rural componse de bosques de castiñeiros. No Porto de Lumeiras encóntrase o Alto da Cruz, ao que se pode subir e observar as vistas sobre o val. Dende a poboación sae unha pista de terra, que atravesa o monte Mourín cara ao concello veciño de Fabeiro.
Lingua Lumeiras ao igual ca o resto do concello de Candín pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano e os seus habitantes falan un dialecto do galego chamado ancarés.
Festas As principais festividades de Lumeiras son a de Santo Tirso a finais de xaneiro e a de San Pedro a finais de xuño.
Véxase tamén Outros artigos O Bierzo Serra dos Ancares
Notas
Categoría:Parroquias de Candín Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Concellos galegofalantes de Castela e León