Germán López González, coñecido como Barriolo, nado en Moreda (Vilaescura, Sober) o 23 de maio de 1899, foi un político galego.
Traxectoria Emigrou a América sendo mozo. Albanel. Foi vogal da Agrupación Socialista e presidente da UGT do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte ante o temor a ser axustizado. Marchou a Santiago de Compostela, onde foi detido o 18 de agosto. Sácano de madrugada xunto con outros para pasealo, pero logrou escapar na Estación de tren. Volveu a Escairón, onde fixo un zulo no que se agachou. Foi declarado en rebeldía en causa aberta en 1938. Ao rematar a guerra presentouse ao Gobernador civil. Foi detido o 12 de xullo de 1939 e internado na Prisión de Monforte de Lemos para ser trasladado á prisión de Lugo o 31 dese mes.Expediente procesual de Germán López González, "Barriolo" Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión o 28 de marzo de 1940 na causa 729/36 con José Ferreiro Pérez, foi condenado a 12 anos de prisión. Reducida a pena a un ano e un día, saíu en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.Expediente procesual de Germán López González, "Barriolo"
Vida persoal Casou con Josefa Quiroga Losada en 1926.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido