Padornelo é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).

Atópase situado na bisbarra de Seabra, e dentro dela na sub-bisbarra chamada As Portelas. Forma parte da área galegofalante da provincia de Zamora. miniatura|Pardonelo durante o inverno

Topónimo Pode pórse en relación co moi estudado topónimo Padrón, variante de 'pedrón', talvez influído por 'padre', e cuxo significado debe de ser coincidente: pedra delimitadora, mouteira, miliario, menhir, e nalgún caso, roca natural destacada. No contexto deste lugar, a famosa portela que atalla alí a serra dando paso á "malísima verea de Benavente a Ourense" (Madoz), sería dende época protohistórica un lugar de deslinde. De aí que caiba inclinarse pola interpretación arqueolóxica do nome do lugar, como alusión a unha pedra de delimitación xurisdiccional, probablemente antiquísima.Riesco Chueca, Pascual ?Medio natural e poblamiento na toponimia maior de Zamora? , Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo", Deputación de Zamora, p. 449-500.Cabeza Quiles, Fernando (1992) Os nomes de lugar : topónimos de Galicia a súa orixe e o seu significado, Edicións Xerais de Galicia, Vigo; p. 326.Moralejo Lasso, A. (1977) Toponimia galega e leonesa, Santiago de Compostela, p.321, nota 13.

Xeografía É unha localidade da provincia de Zamora. Está situado ao oeste do porto que leva o seu mesmo nome (Portela do Padornelo, situada a 1360 m), entre as montañas da Serra Gamoneda e da Serra Segundeira .

O lugar ten clima de montaña, con veráns suaves e invernos duros e fríos, podendo a temperatura baixar dos -10 °C. miniatura|Portela do Padornelo, situada a 1360 m

Demografía A súa localización, a 1.325 msnm, levou a que os seus edificios se distingan por un carácter sinxelo e sobrio, cos que combater as inclemencias climáticas ás que se ve sometido no inverno.

As nevadas invernais poden ser moi intensas (a neve pode chegar a ter máis de 1,5 m de espesor), podendo esmagar arbustos e árbores pequenas ou cubrir muros e rúas enteiras.

De entre os seus edificios sobresae a igrexa, en especial a súa espadana.

Moi preto do lugar atópase unha cheminea de ventilación de 240 m de profundidade que comunica o exterior co túnel ferroviario de Padornelo (aínda coñecido nalgunhas zonas da bisbarra como "Túnel 12").

Padornelo na cultura popular Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña bena sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, pxs. 122 e 255 (nota 573). A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz da Portela de Padornelo, que é de pedra e está a pouca distancia da entrada en Galicia, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían por primeira vez á sega a Castela eran obxecto dunha novatada nesta cruz: os veteráns dicíanlles aos novatos que se querían saber o que estaba a ocorrer neses intres na súa casa, tiñan que achegar a súa cabeza onda a Cruz; cando iso facían dábanlles unha zoupada contra ela. Cando viñan de volta da sega en Castela, deixaban a fouce como exvoto no Santuario da Tuiza, tamén en Lubián.. Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, p. 126..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Serra Gamoneda Serra Segundeira Seabra

Ligazóns externas Santuario de La Tuiza

Categoría:Lubián Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía