Anthriscus é un xénero da familia Apiaceae, estendido por toda Europa e as zonas temperadas de Asia. Consta de 88 especies descritas e destas, só 16 aceptadas, algunhas das cales herbas velenosas.Os membros do xénero vexetan en prados e bordos de camiños sobre solos húmidos e lixeiramente porosos. en PlantList Descrición As follas son 2-3-pinnadas, glabras a pubescentes; con segmentos lanceolados, aserrados a pinnatífidas. Invólucro de 1 ou 2 brácteas ou carecen. Raios florais 10-15. Involucelo de varios bractéolas. Dentes do cáliz obsoletos. Pétalos brancos. Froitos oblongos, tuberculados e hirsutos, raramente glabros, cristas non prominentes.
O talo oco destas especies é erecto e ramificado e coroado de umbelas compostas de pequenas flores brancas ou verdosas. As follas son bipinnadas ou tripinadas.
Taxonomía O xénero foi descrito por Christian Hendrik Persoon e publicado en Synopsis Plantarum 1: 320. 1805. A especie tipo é a Anthriscus vulgaris Pers. Etimoloxía O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.
Especies A continuación dáse unha lista das especies do xénero aceptadas até xullo de 2013, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.
Anthriscus africana Hook,f. Anthriscus caucalis M.Bieb. Anthriscus cerefolium (L.) Hoffm. Anthriscus fumarioides (Waldst. & Kit.) Spreng. Anthriscus glacialis Lipsky Anthriscus kotschyi Fenzl ex Boiss. Anthriscus lamprocarpa Boiss. Anthriscus mollis Boiss. & Reut. Anthriscus nemorosa (M.Bieb.) Spreng. Anthriscus nitida (Wahlenb.) Garcke Anthriscus ruprechtii Boiss. Anthriscus schumalhauenii (Albov) Koso-Pol. Anthriscus stocksiana (Boiss.) Koso-Pol. Anthriscus sylvestris (L.) Hoffm. Anthriscus tenerrima Boiss. & Spruner Anthriscus velutinus Sommier & Levier
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Ligazóns externas