miniatura|Sardinella maderensis. miniatura|Debuxo de Sardinella tawilis. Sardinella Valenciennes, 1847 é un xénero de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos.
Características
O xénero comprende actualmente algo máis de 20 especies recoñecidas (ITIS recoñece 23,Sardinella en ITIS (en inglés) mentres que FishBase só 21) Sardinella en FishBase. que son peixes xeralmente costeiros, gregarios, que abundan nas augas cálidas e se encontran en case calquera nos océanos en zonas tropicais e subtropicais.
Algunhas especies recoñécense pola súa presenza en determinadas zonas, pero tamén poden distinguirse por algunhas características moi específicas da súa anatomía, aínda que é frecuente que sexan confundidas con outras doutros xéneros similares.
Algúns dos trazos comúns é que son especies mariñas peláxicas que forman grandes cardumes. Os individuos xuvenís de Sardinella encóntranse a miúdo en albufeiras, lagoas litorais e esteiros, aínda que é máis común encontrar os adultos en augas máis profundas, un pouco máis lonxe da costa.
Como excepción, a especie Sardinella tawilis vive en auga doce, nun lago de Filipinas.
Especies Segundo o SIIT recoñécense na actualidade as seguintes especies:
Sardinella albella Sardinella atricauda Sardinella aurita Sardinella brachysoma Sardinella dayi Sardinella fijiense Sardinella fimbriata Sardinella gibbosa Sardinella hualiensis Sardinella janeiro Sardinella jonesi Sardinella jussieu Sardinella lemuru Sardinella longiceps Sardinella maderensis Sardinella marquesensis Sardinella melanura Sardinella neglecta Sardinella richardsoni Sardinella rouxi Sardinella sindensis Sardinella tawilis Sardinella zunasi
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF
Outros artigos Clupeiformes Clupeidos Sardiña
Ligazóns externas Sardinella en NCBI.
Categoría:Clupeiformes