A eparquía de San Nicolao de Chicago (en latín: Eparchia Sancti Nicolai Chicagiensis Ucrainorum) é unha sé da Igrexa Católica Bizantina Ucraína, igrexa particular católica, sufragánea da arquieparquía de Filadelfia. En 2010 contaba 10.500 bautizados. Dende abril de 2017 o bispo é Venedykt Aleksiichuk.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre os fieis da Igrexa Católica Bizantina Ucraína nos Estados Unidos occidentais, ao oeste de Ohio e dos ríos Missouri e Mississippi e está presente nos estados de Arizona, California, Colorado, Hawai, Illinois, Indiana, Kansas, Míchigan, Minnesota, Missouri, Nebraska, Dacota do Norte, Oregón, Texas, Washington e Wisconsin.

O territorio está subdividido en 38 parroquias, e a sé eparquial é a cidade de Chicago, onde se atopa a catedral de San Nicolao.

Historia A eparquía foi erixida o 14 de xullo de 1961 coa bula pontificia Byzantini ritus do papa Xoán XXIII, en territorios da arquieparquía de Filadelfia.

Episcopoloxio Jaroslav Gabro (14 de xullo de 1961 - 28 de marzo de 1980, finado) Innocent Lotocky (22 de decembro de 1980 - 2 de xullo de 1993, retirado) Michael Wiwchar (2 de xullo de 1993 - 20 de novembro de 2000, nomeado bispo de Saskatoon) Administrador apostólico: Michael Wiwchar (20 de novembro de 2000 - 25 de marzo de 2003) Richard Seminack (25 de marzo de 2003 - 16 de agosto de 2016, finado) Venedykt Aleksiichuk (20 de abril de 2017 - actualidade)

San Nicolao de Chicago Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas