Henri Anspach, nado o 10 de xullo de 1882 e finado o 29 de marzo de 1979, foi un pintor e tirador de esgrima belga, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo no equipo de espada xunto ao seu irmán Paul Anspach, o recoñecido artísta Jacques Ochs e Gaston Salmon gañando a medalla de ouro, tamén competiu no equipo de sabre, que quedou quinto.. Nas competicións individuais chegou á semifinal tanto en florete como en espada antes de ser eliminado. Durante a primeira guerra mundial formou parte da Sección artística do exército belga en campaña, encargado de representar os feitos da vida e da guerra na fronte. Posteriormente desenvolveu un estilo postimpresionista.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Olympic record

Categoría:Pintores do século XX Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Bélxica Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Bélxica Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912