Fernand de Montigny, nado en Anzegem o 5 de xaneiro de 1885 e finado en Anveres o 2 de xaneiro de 1974, foi un arquitecto, tirador de esgrima e xogador de hóckey belga, gañador de cinco medallas olímpicas.
Traxectoria Participou nos Xogos Intercalados de 1906 e como membro do equipo de espada belga logrou unha medalla de bronce. Nos Xogos Olímpicos de 1908 repetiu o bronce en espada por equipos e participou tamén en esgrima nos Xogos Olímpicos de 1912. Nos Xogos Olímpicos de 1920 gañou dúas medallas de prata en espada e sabre por equipos, ademais dun bronce como parte do equipo belga de hóckey sobre herba. Foi ademais o arquitecto do Estadio Olímpico de Anveres. Como arquitecto foi tamén responsable da restauración do que se salvou da demolición de 1941 do antigo convento de Neufmoustier na cidade de HuyChantal Du Ry Huy: histoire d'une ville médiévale à travers ses légendes et ses monuments
Notas
Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Bélxica Categoría:Xogadores de hóckey herba olímpicos de Bélxica Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Bélxica Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Bélxica Categoría:Arquitectos de Bélxica Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey herba Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1920