Andreu Martín Farrero, nado en Barcelona o 9 de maio de 1949, é un escritor e guionista catalán.

Traxectoria Estudou psicoloxía pero adicouse a facer guións no teatro, no cine e, case sempre, no mundo dos cómics. Dirixiu un filme no ano 1990, Sauna. Coñecido sobre todo por ser autor de novela negra (de feito na actualidade é presidente da Asociación Internacional de Escritores Policiais), onde obtivo varios premios:

Premio Círculo del Crimen (1980) pola obra Prótesis Premio Alfa (1986) pola obra El día menos pensado Premio Hammett da Asociación Internacional de Escritores Policiais (1989) por Barcelona Connection.

Xunto a Jaume Ribera escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).

Outras das súas obras son Història de mort (1988), Amores que matan, ¿y qué? (1991), Bellíssimes persones (2000), Barcelona tràgica (2009, ambientada na Semana Tráxica de 1909) e Societat Negra (2011).

Listaxe da obra escrita publicada

Recoñecementos

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1949 Categoría:Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España