miniatura|Panteón central
O cemiterio municipal de San Amaro (tamén coñecido como San Mauro) é un camposanto da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra.
Historia
No século XIX empregábase outro cemiterio máis próximo á vila, a carón da estrada de Ourense, pero co ensanche da vila e a creación da rúa do Progreso decidiuse crear un novo camposanto na periferia. En 1875 designouse a súa localización no lugar da Pedra do Lagarto, pero en 1879 aprobouse a súa instalación en San Amaro de Moldes. Deseñouno o arquitecto municipal Alejandro Rodríguez Sesmero e inaugurouse o 29 de setembro de 1882. O primeiro persoeiro famoso en recibir sepultura foi o escritor pontevedrés Andrés Muruais, finado días despois da inauguración do recinto. En 2012 o concello puxo en marcha un programa de visitas guiadas polo camposanto, o cemiterio máis grande de todo o municipio.
Personaxes ilustres Algúns persoeiros enterrados no camposanto: Fernando Sarabia (1781–1849), militar e político. Andrés Muruais (1851–1882), escritor e xornalista. Indalecio Armesto (1838–1890), escritor, xornalista, xurista, filósofo e político. Jesús Muruais (1852–1903), escritor e xornalista. Eduardo Vincenti (1857–1924), político. Perfecto Feijoo (1858–1935), farmacéutico e musicólogo. Alexandre Bóveda (1903–1936), intelectual e político. José Adrio Barreiro (1910–1936), avogado e político. Celestino Poza Cobas (1868–1954), mestre, médico e político. Antonio Iglesias Vilarelle (1891–1971), mestre e músico. Francisco Javier Sánchez Cantón (1891–1971), historiador. Luís Amado Carballo (1901-1927), xornalista e poeta. Manuel Cuña Novás (1924–1992), escritor e político. Antonio Heredero (1918-2008), pintor. Celestino López de Castro (1860-1934), médico.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Publicación do Concello de Pontevedra (09/16/2015) Conxunto de datos dos cemiterios da provincia de Pontevedra en datos.gob.es
Pontevedra Categoría:Arquitectura civil en Pontevedra Categoría:Alejandro Sesmero