A Fédération Internationale d'Escrime (FIE) (en galego Federación Internacional de Esgrima) é o organismo internacional deportivo que regula a organización e a práctica da esgrima. A súa sede está na cidade suíza de Lausana e o seu actual presidente é Alisher Usmanov. A FIE componse de 149 federacións nacionais, cada unha recoñecida polo comité olímpico do seu país como a única representante da esgrima de estilo olímpico no seu país.
A FIE é a encargada de organizar o Campionato do Mundo de Esgrima e a Copa do Mundo de Esgrima
Historia A FIE fundouse o 29 de novembro de 1913 en París seguindo a decisión que tomara anteriormente un congreso internacional de esgrima celebrado en Gante. Os nove países fundadores foron:
Presidentes da FIE
1913–1921: Albert Feyerik 1921–1924: André Maginot 1925–1928: George van Rossem 1929–1932: Eugène Empeyta 1933–1948: Paul Anspach 1949–1952: Jacques Coutrot 1953–1956: Giuseppe Mazzini 1957–1960: Pierre Ferri 1961–1964: Miguel de Capriles 1965–1980: Pierre Ferri 1981–1984: Giancarlo Brusati 1984–1992: Rolland Boitelle 1993–2008: René Roch 2008- : Alisher Usmanov
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fédération Internationale d'Escrime
Categoría:Esgrima Categoría:Federacións deportivas