A condrite é a inflamación das cartilaxes.Condrite (es) Enciclopedia universal Pode darse de diversas formas: mediante osteocondrite, costocondrite etc. O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a larinxe ou a traquea) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular. Así, as condrites poden afectar á integridade de moitas estruturas corporais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Condropatía Pericondrite, que frecuentemente afecta ao pavillón auricular.

Categoría:Doenzas