O Castro de Xanceda é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Xanceda (Mesía).

Morfoloxía O xacemento componse de dous recintos: un castro e o seu antecastro. O antecastro non está completamente definido. Tanto no castro como no antecastro o sistema defensivo, son de terraplén con parapetos. As entradas do castro e o antecastro están orientadas en dirección L-NL e aprécianse vestixios de foxos. O interior do recinto principal, en dirección norte-sur, 57 metros e no eixo leste-oeste 65 metros. O parapeto na parte máis alta chega ata os dous metros na súa cara interna e a unha anchura de 10 metros. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

No castro atopouse en 1974 o tesouro de Xanceda, depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón e composto por dous torques.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Xanceda