A estación de Almassora é unha estación de tren de Adif situada na localidade castellonense de Almassora, na comarca da Plana Alta. Pertence á liña línia C-6 de Proximidades Renfe de Valencia. Está situada na confluencia da Rúa Estación e a Rúa do Ferrocarril, no Polígono Indurtrial Millars, ao noroeste do núcleo urbano.
Situación ferroviaria A estación se encontra dentro do Corredor mediterráneo, no punto quilométrico 65,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Valencia con Sant Vicenç de Calders a 44,14 metros de altitude.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento A súa situación no Corredor fai que por ela pasen moitos trens de longa distancia sen parar.
Historia A estación foi inaugurada o 26 de decembro de 1862 coa apertura do tramo Nules-Castellón da liña que pretendía unir Valencia con Tarragona.Almansa a Valencia e Tarragona (AVT) Compañía del Ferrocarril de Almansa a Valencia y Tarragona Spanishrailway As obras correron a cargo da Sociedad de los Ferrocarriles de Almansa a Valencia y Tarragona ou AVT, que previamente e baixo outros nomes lograra unir Valencia con Almansa. En 1889, a morte de José Campo Pérez, principal impulsor da compañía abocou á mesma a unha fusión coa Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. En 1941, logo da nacionalización do ferrocarril en España, a estación pasou a ser xestionada pola recentemente creada Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios Proximidades << cabeceira < estación liña estación > cabeceira >> Valencia-Estació del Nord Vila-real 25px Castelló de la Plana
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Liña 6 (Proximidades Valencia) Proximidades Valencia Ligazóns externas Saídas e chegadas na web de Adif Proximidades Valencia na web de Renfe
Almassora