O castro de Formigueiros é un poboado castrexo da Idade de Ferro situado preto do lugar da Airexa, na parroquia de Formigueiros, no concello lucense de Samos. Está a 785 metros sobre o nivel do mar, encravado no extremo occidental da serra do Édramo, que fai de divisoria entre os concellos de Samos ao norte e O Incio ao sur.

Morfoloxía Sobre o perfil da montaña destacan as súas potentes murallas, circundadas por un labiríntico sistema de foxos e parapetos. Sorprende a complexidade e extensión das defensas fronte o reducido da zona habitacional. Das 5 ha totais, o interior da croa só ocupa uns 2000 metros cadrados.

Arqueoloxía Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas dende os anos 2006 a 2008. Definíronse dúas ocupacións. A primeira, comezaría nos séculos III-II a. C., remata na primeira metade do século I. Logo parece que foi abandonado e detéctase unha nova ocupación, con construcións levantadas sobre os derrubes das casas e da muralla. Os indicios apuntan a unha fase romana tardía ou posterior.

Atopáronse lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes nunha praciña do poboado.

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros de Galicia

Ligazóns externas

Categoría:Castros de Samos