Carol Reed, nado en Londres o 30 de decembro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1976 foi un director de cinema inglés.

Traxectoria Fillo ilexítimo dun actor e produtor, comezou unha carreira na interpretación sendo un adolescente, para logo traballar como axudante de director.

Comezou a ser recoñecido como director a partir de The Stars Look Down e durante a segunda guerra mundial traballou como cineasta ao servizo do exército británico.

Ao remate da guerra dirixiu tres das súas películas máis célebres: Odd Man Out, The Fallen Idol e The Third Man, Palma de Ouro en Cannes. As dúas últimas foron realizadas a partir de guións de Graham Greene.

Nos Estados Unidos dirixiu películas como Trapeze e O tormento e a éxtase. En 1968 dirixiu o filme Oliver!, co que recibiu o oscar ó mellor director.

Obra 1935 - It Happened in Paris 1935 - Midshipman Easy 1936 - Laburnum Grove 1937 - Talk of the Devil 1937 - Who's Your Lady Friend? 1938 - Penny Paradise 1938 - Bank Holiday 1939 - Climbing High 1939 - A Girl Must Live 1939 - The Stars Look Down 1940 - Girl in the News 1940 - Night Train to Munich 1941 - Kipps 1942 - A Letter from Home 1942 - The Young Mr Pitt 1943 - The New Lot 1944 - The Way Ahead 1947 - Odd Man Out 1948 - The Fallen Idol 1949 - The Third Man 1952 - Outcast of the Islands 1953 - The Man Between 1955 - O neno e o unicornio 1956 - Trapeze 1958 - The Key 1959 - Our Man in Havana 1963 - The Running Man 1965 - O tormento e a éxtase 1968 - Oliver! 1970 - Flap 1972 - Follow Me!''

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en Londres Categoría:Óscar ó mellor director