Rafael Álvarez Alarcia, nado en Santander o 18 de xullo de 1938Ficha en bdfutbol.com, é un exfutbolista cántabro que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria Aínda que naceu en Santander con oito anos trasládase a Irún, onde comezou a xogar nas categorías inferiores do Real Unión de Irún. De aí pasou ao Touring de Rentería antes de fichar polo Real Oviedo, xa en Primeira División, onde xogou cinco tempadas. A finais da tempada 1966/67 ficha polo Real Zaragoza, onde militou outras tres tempadas.
En 1970 ficha polo RCD Mallorca, por aquel entón en Segunda División, porén ao ano seguinte volve a Primeira, fichando polo Celta de Vigo, onde xogaría de titular indiscutíbel os dous primeiros anos pero no seu terceiro e último ano perdería esta condición fronte ao uruguaio Aguirre, xogando so nove encontros.
Durante os seus anos en Vigo participou no debut do Celta na Copa da UEFA xogando o encontro de volta da primeira eliminatoria, na que o equipo galego quedou eliminado ante o Aberdeen FC escocés.
A súa última tempada en activo no fútbol profesional foi a 1974/75 xogando en Segunda División no Deportivo Alavés.
Notas
Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1938 Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Personalidades sen imaxes