Os dous puntos (:) son un signo de puntuación composto por dous puntos aliñados verticalmente.
Usos Colócanse antes dunha enumeración. Indica que a continuación vén unha conclusión ou un exemplo. Despois dos encabezamentos de cartas ou discursos.
Uso como diacrítico Os dous puntos son empregados como sinal diacrítico en diferentes linguas como en budu e sabaot, en África ou en erima, gizra, go:bosi, gwahatike, kalusi, kamula, kasua, kuni-boazi e zimakani en Papúa-Nova Guinea. Na lingua cayuga e no tepehuán suroccidental indica vogal longa.
O Alfabeto Fonético Internacional emprega un símbolo formado por dous triángulos con vértices opostos situados na posición do símbolo de dous puntos (ː). Emprégase o símbolo dos dous puntos se non está dispoñible. Se só aparece o triángulo superior indica que a vogal e semilonga.
Usos non lingüísticos En Matemáticas ou Xeografía representa unha escala. En Matemáticas tamén ten outros usos, como representar unha división ou unha función. En Informática indica enderezo (C:) ou asignación en certas linguaxes de programación. Aparece habitualmente en emoticonas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Diacríticos