Rodrigo Payno Díaz de la Espina nado en Burgos o 7 de febreiro de 1947, é un exfutbolista español máis coñecido como Payno, que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria Comezou a xogar no Real Burgos, ata que ficha polo Celta de Vigo tras acadar o ascenso a Primeira División na tempada 1968/69 por un prezo de dous millóns cincuenta mil pesetas.

Porén nunca chegou a ter moita continuidade no equipo galego a causa das lesións, o primeiro ano foi suplente de Bermúdez, protagonista do ascenso, e despois do balear Gost e no seu terceiro e último ano do cántabro Alarcia.

En 1971 fichou polo Villareal CF e posteriormente polo Racing de Santander.

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Burgos Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Personalidades sen imaxes