O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de (formalmente o XXXVI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1974. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a 11º rolda da tempada de Fórmula Un de .
Foi o 36º Gran Premio de Alemaña e a 33ª vez que se celebraba no complexo de circuítos de Nürburgring. A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni pilotando un Ferrari 312B3. Regazzoni liderou cada volta no camiño á súa segunda vitoria nun Gran Premio, catro anos logo da súa primeira vitoria no Gran Premio de Italia de 1970. O piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi segundo pilotando un Tyrrell 007 por diante do arxentino Carlos Reutemann (Brabham BT44).
Desde a carreira de 1973 a recta principal fora ensanchada e reasfaltada. En resposta ás novas regulacións da FIA que indicaban que todas as carreiras da FIA por mandato debían ter muros de seguridade, os organizadores substituíron os arbustos que bordeaban a recta por barreiras Armco e colocaron unha superficie de area a ambos os dous lados da recta. A vitoria de Regazzoni, xunto co accidente de Niki Lauda na primeira volta permitiu ao piloto suízo de Ferrari volver a liderar o campionato. Lauda estrelou o seu Ferrari 312B3 ó intentar pasar a Scheckter. Emerson Fittipaldi tivo tamén unha retirada anticipada logo de facer unha saída moi lenta no seu McLaren M23 e foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Denny Hulme retirándose os dous coches. Hulme tratou de reiniciar a carreira nun coche de reposto e foi descualificado por iso. Mike Hailwood foi outro dos que chocou, tivo un grande accidente na penúltima volta en Pflanzgarten no seu McLaren M23. O ex motociclista rompeu unha perna no accidente, lesión que significou o final da súa carreira. Caeron choivas ocasionalmente durante a carreira, o que contribuíu a alta cifra de accidentes, que tamén sufriron Patrick Depailler (Tyrrell 007), Jacques Laffite (Williams FW02) e John Watson (Brabham BT44). Só 14 coches terminaron a carreira, aínda que Hailwood tamén se clasificaría como unha unidade que finalizou, dos 26 titulares. Había seis coches que non puideron cualificar como Chris Amon (Amon AF101), que se retiraron debido á problemas físicos.
Howden Ganley tamén sufriu un grave accidente durante os adestramentos do venres. A suspensión traseira fallou no Maki en Hatzenbach e saíuse á dereita contra as barreiras Armco, arrincando a parte dianteira do coche. As pernas de Ganley colgaban da parte frontal do coche. Arranxoullas para saír por si mesmo, pero estomballouse ao chegar á cerca, cos nocellos feridos de gravidade. Isto levou á retirada de Ganley da Fórmula 1.
Regazzoni logrou sacar tres puntos de vantaxe no campionato sobre Scheckter. O ex líder do campionato Lauda baixou ao terceiro posto, seis puntos por detrás do seu compañeiro de equipo de Ferrari, e só un por diante de Fittipaldi. Ferrari acadou oito puntos de vantaxe sobre McLaren no campionato de construtores.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Clay Regazzoni Ferrari 14 1:41:35.0 2 9 2 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 14 + 50.7 4 6 3 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 14 + 1:23.3 6 4 4 1 Ronnie Peterson Lotus-Ford 14 + 1:24.2 8 3 5 2 Jacky Ickx Lotus-Ford 14 + 1:25.0 9 2 6 16 Tom Pryce Shadow-Ford 14 + 2:18.1 11 1 7 9 Hans Joachim Stuck March-Ford 14 + 2:58.7 20 8 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 14 + 3:25.9 18 9 26 Graham Hill Lola-Ford 14 + 3:26.4 19 10 15 Henri Pescarolo BRM 14 + 4:17.7 24 11 18 Derek Bell Surtees-Ford 14 + 5:17.7 25 12 8 Carlos Pace Brabham-Ford 14 + 6:26.3 17 13 10 Vittorio Brambilla March-Ford 14 + 8:43.1 23 14 32 Ian Ashley Token-Ford 13 + 1 volta 20 15 33 Mike Hailwood McLaren-Ford 12 Accidente 12 Ret 19 Jochen Mass Surtees-Ford 10 Motor 13 Ret 24 James Hunt Hesketh-Ford 10 Caixa de cambios 10 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 5 Accidente 5 Ret 20 Arturo Merzario Iso Marlboro-Ford 5 Acelerador 16 Ret 14 Jean-Pierre Beltoise BRM 4 Sistema combustible 15 Ret 22 Vern Schuppan Ensign-Ford 4 Caixa de cambios 22 Ret 5 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 2 Suspensión 3 Ret 21 Jacques Laffite Iso Marlboro-Ford 2 Suspensión 21 Ret 28 John Watson Brabham-Ford 1 Suspensión 14 Ret 12 Niki Lauda Ferrari 0 Accidente 1 Ret 6 Denny Hulme McLaren-Ford 0 Accidente 7 NSC 37 François Migault BRM NSC 23 Tim Schenken Trojan-Ford NSC 27 Guy Edwards Lola-Ford NSC 30 Larry Perkins Amon-Ford NSc 30 Chris Amon Amon-Ford NSC 25 Howden Ganley Maki-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Clay Regazzoni 44 2 Jody Scheckter 41 3 Niki Lauda 38 4 Emerson Fittipaldi 37 5 Ronnie Peterson 22
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 57 2 McLaren-Ford 49 (51) 3 Tyrrell-Ford 45 4 Lotus-Ford 29 5 Brabham-Ford 15
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Ligazóns externas ''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Alemaña Categoría:Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1