A Universidade Monash (en , ou simplemente Monash) é unha universidade pública, con campus localizados en Australia, Malaisia, Suráfrica, a India, Italia e a China.

Foi fundada en 1958 e debe o seu nome a Sir John Monash, un destacado xeneral e líder australiano. Unha das súas frases máis célebres está escrita ao longo dun camiño entre o Robert Blackwood Hall e o Performing Arts Centre no campus de Clayton: "Adopta como o teu credo fundamental aquilo que te equipe para a vida, non soamente para o teu propio beneficio, senón para o de toda a túa comunidade".

O lema da universidade es Ancora imparo (en italiano), que significa "aínda estou aprendendo",Official shield and motto, Monash University unha frase atribuída a Michelangelo. miniatura|255px|Acelerador de partículas na Facult. de Física. A universidade foi clasificada como a mellor da Australia para os cursos de enxeñaría, física e química.<ref>Monash ranked among world's best in research en Monash University.</small> </ref>

É unha das maiores universidades de Australia, co cerca de 55 000 estudantes, e está clasificada entre as cinco mellores universidades do país.Reputación

En 2009 foi elixida como a 45ª mellor universidade do mundo.Top Univesities. Monash University.

Campus miniatura|255px|Edifício Robert Menzies no Campus Clayton. right|255px|miniatura|Catedral de Prato, na praza principal da cidade, está a uns 100 m do Monash Prato Centre. miniatura|255px|A Monash Art and Design Faculty no campus de Caulfield,

En Australia: Clayton Caulfield Berwick Peninsula Parkville Gippsland Noutros países: Malaisia Suráfrica India Prato (Italia) China

Alumnos destacados Monash ten unha longa lista de antigos alumnos que destacaron nunha ampla gama de áreas. 1 100 graduados dasta universidade figuran entre as 13 200 biografías das persoas máis notábeis de Australia na edición 2008 de quen é quen en Australia.

Entre eles encóntranse: Daniel Andrews, líder da oposición do parlamento do estado de Victoria. Adam Bandt, líder dos Australian Greens Anna Burke, Speaker (presidenta) do parlamento australiano Boediono, vicepresidente de Indonesia Kate Charlton-Robb, bióloga especializada en cetoloxía que describiui en 2011 a nova especie de arroaz Tusiops australis Peter Costello, home de negocios e comentarista político australiano Simon Crean, membro de varios gabinetes australianos e antigo líder da oposición David de Kretser, atigo gobernador de Victoria Robert Doyle, Lord Mayor de Melbourne Tim Flannery, científico e activista en ecoloxía Ian MacFarlane, economista, gobernador do Banco Cntral Australiano (1996–2006) Marlene Moses, embaixadora de Nauru nas Nacións Unidas George Pell, cardeal da Igrexa Católica Bill Shorten, ministro de Emprego e Relacións Laborais de Australia Marilyn Warren, Chief Justice (presidenta) do Tribunal Supremo de Australia David Williamson, dramaturgo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Monash Science Technology Research and Innovation Precinct (MSTRIP)

Categoría:Universidade Monash