William Friedkin, nado en Chicago (Illinois) o 29 de agosto de 1935 e finado nos Ánxeles o 7 de agosto de 2023, foi un director de cine estadounidense.
Traxectoria Mal estudante, pensou en dedicarse profesionalmente ao baloncesto, pero tralo instituto xa comezou a traballar na televisión.
Tras unha exitosa carreira, na que chegou a dirixir un capítulo de The Alfred Hitchcock Hour, marchou a Hollywood en 1965, debutando no cinema dous anos despois con Good Times.
Tras varios filmes artísticos chegou o grande éxito The French Connection, co que gañou, entre outros premios, o oscar ao mellor director de 1971. A esta película seguiulle O exorcista, co que volvería triunfar entre o público e a crítica. Con estes filmes foi visto, xunto a Francis Ford Coppola e Peter Bogdanovich, como representante do Novo Hollywood.
As súas seguintes películas foron recibidas con diferentes críticas, non volvendo a ter un éxito coma os dos inicios dos setenta.
Obra 1967 - Good Times 1968 - The Birthday Party 1968 - The Night They Raided Minsky's 1970 - The Boys in the Band 1971 - The French Connection 1973 - O exorcista 1977 - Sorcerer 1978 - O meirande roubo do século 1980 - Cruising 1983 - Deal of the Century 1985 - Vivir e morrer nos Ánxeles 1987 - Rampage 1990 - The Guardian 1994 - Blue Chips 1995 - Jade 2000 - Regras de compromiso 2003 - A presa 2007 - Bug 2011 - Killer Joe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1935 Categoría:Óscar ó mellor director
Categoría:Finados en 2023