Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill

George Roy Hill, nado en Minneapolis, Minnesota, o 20 de decembro de 1921 e finado en Nova York o 27 de decembro de 2002, foi un director de cine estadounidense.

Traxectoria Nado nunha familia relacionada co mundo da prensa, obtivo a licenza de piloto aos dezaseis anos. Durante a segunda guerra mundial foi piloto no Pacífico Sur.

Tras estudar música na Universidade Yale e no Trinity College de Dublín, comezou unha carreira como actor de teatro en Nova York, ata que volveu ser chamado ao servizo militar por mor da guerra de Corea.

Logo de pasar polo teatro e a televisión, comezou a ser recoñecido como director de cine con Xoguetes no ático en 1963.

A súa sona en Hollywood aumentou a finais dos sesenta, con Millie, unha rapaza moderna e Butch Cassidy and the Sundance Kid. Repetiu cos protagonistas deste último filme, Paul Newman e Robert Redford en O golpe, que lle proporcionou o Óscar ó mellor director.

Finou en 2002.

Obra 1962 - Período de axuste 1963 - Xoguetes no ático 1964 - The World of Henry Orient 1966 - Hawaii 1967 - Millie, unha rapaza moderna 1969 - Butch Cassidy and the Sundance Kid 1972 - Matadeiro 5 1973 - O golpe 1975 - The Great Waldo Pepper 1977 - Slap Shot 1979 - A Little Romance 1982 - The World According to Garp 1984 - The Little Drummer Girl 1988 - Funny Farm

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Finados por párkinson