Iria Morgade Valcárcel, nada en Pontevedra o 4 de xaneiro de 1988, é unha escritora e historiadora galega.
Traxectoria É Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e mestrado en Migracións Internacionais e Formación do Profesorado. As súas liñas de investigación son a memoria e o discurso social, a represión franquista e a mobilización social e política. A súa tese de doutoramento estudou a mobilización social arredor da memoria no estado español dende a Transición ata a actualidade.
É autora dos libros Verbas no ar (2011) e Quen escribirá a miña historia? (2023). Así mesmo o seu traballo académico ten sido publicado na Revista Galega de Educación, Tempo Exterior, e no volume Sites of Violence and Memory in Modern Spain. From the Spanish Civil War to the Present Day (Bloomsbury).
Pertence ao grupo Histagra. En 2023 era profesora de formación profesional no IES Luís Seoane de Pontevedra.
Obra Verbas no ar (2011). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 176 páxs. ISBN 9788415086178. Quen escribirá a miña historia? (2023). Vigo: Galaxia. 274 páxs. ISBN 978-84-1176-054-6.
Libros colectivos Sete de libros (2012). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo (2018). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-243-1.
Premios En 2011 gañou a sétima edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia novelando as protestas dos novos. En 2024 gañou o Premio Losada Diéguez na modalidade de Creación Literaria por Quen escribirá a miña historia?
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Letra en Obras
Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1988 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes