Cavernícola (en ) é un filme estadounidense dirixido por Carl Gottlieb que se estreou en 1981. Está protagonizada por Ringo Starr, Dennis Quaid, Shelley Long e Barbara Bach.

Estreouse en galego o 6 de xullo de 2001 a través da TVG.

Sinopse Idade da Pedra. Atouk (Ringo Starr) está moi namorado, pero, como é o máis pequeno e feble da tribo, a fermosa Lana (Barbara Bach) non lle fai nin caso. Ademais, o compañeiro de Lana, Tonda (John Matuszak), que é o xefe da tribo, expulsouno. Vagando sen rumbo, Atouk coñece certos personaxes que deciden axudalo a volver á tribo.

Personaxes Ringo Starr como Atouk Dennis Quaid como Lar Shelley Long como Tala Jack Gilford como Gog Barbara Bach como Lana Evan C. Kim como Nook Carl Lumbly como Bork John Matuszak como Tonda Avery Schreiber como Ock Richard Moll como Abominable Home das Neves

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre dinosauros Categoría:Filmes de 1981 con versión en galego