Joaquín Álvarez Lores, nado no Grove en 1898 e finado no mesmo concello o 29 de agosto de 1981, foi un industrial conserveiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Eloy Álvarez Benavides e neto de Joaquín Álvarez Vidal. Perito agrícola, foi o líder dos agrarios do Grove no principio dos anos vinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 13 de novembro de 1923, permanecendo no cargo durante todo o período. Na Segunda República afiliouse ao Partido Radical, foi nomeado concelleiro logo da folga xeral revolucionaria de 1934 e elixido alcalde o 13 de outubro de 1934.1934-10-13 Acta Pleno destitución Corporación democrática eleccións 1931 alcalde José Besada, novo alcalde Joaquín Álvarez Lores Afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e á Garda Cívica, volveu ser nomeado alcalde do Grove en 1940.

Vida persoal

Foi pai de María Eloísa, Antonio e Xoaquín Álvarez Corbacho.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

1926-09-01 octavilla alcalde Joaquín Álvarez Lores mitin Cuncheiro plebiscito

Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes