Francisco Martínez Zas, nado na Coruña o 9 de xullo de 1961, é un exfutbolista e actual empresario galego. Xogaba de defensa. Do 28 de maio ao 27 de decembro de 2019 foi presidente do Deportivo da Coruña.

Traxectoria Como futbolista Comezou nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña con 13 anos, xogando como defensa. Xogou nos equipos infantil e xuvenil antes de dar o salto ao Fabril, onde xogou entre 1979 e 1983, disputando 124 partidos e marcando 4 goles. Na tempada 1981–82 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, no partido da 32ª xornada, na que unha folga de futbolistas convocada pola AFE motivou que moitos clubs xogasen con futbolistas non profesionais dos seus equipos filiais ou xuvenís. Foi o seu único partido co primeiro equipo.

Entre 1983 e 1985 xogou cedido no Calvo Sotelo CF de Puertollano, onde xogou 40 partidos e logrou o ascenso á Segunda División. Na 1985/86 xogou no Linares CF, de Segunda B, co que sufriu un descenso a Terceira, antes de recalar no Bergantiños, onde xogou unha tempada.

Nas tempadas 1987/88 e 1988/89 militou no Sporting Sada e na seguinte no Brigantium. En 1990 fichou polo Cerceda, onde xogou dúas tempadas, estando sete meses de baixa na segunda delas. Colgou as botas tras unha última tempada no Carnoedo CF.

Colaborou activamente coa Asociación de Veteranos do Deportivo, da que é vicepresidente.

Como adestrador Tivo tamén unha curta carreira como adestrador que comezou en 1993 no Sporting Sada. Tras adestrar durante dúas tempadas a dito equipo foi contratado polo Cerceda no verán de 1996. Con todo, foi cesado xa a comezos de novembro pola mala xeira de resultados do equipo.

Como dirixente O 2 de outubro de 2013 presentou a súa candidatura para presidir o Deportivo da Coruña.Paco Zas: "Ha llegado la hora del relevo al frente del Deportivo" Finalmente, o candidato máis votado polos accionistas, que foi nomeado presidente do club, foi Tino Fernández.Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo

Despois dunha época de malos resultados, o 22 de abril de 2019 Tino Fernández presentou a súa dimisión e convocou eleccións. Paco Zas volveu presentarse á elección. O 28 de maio de 2019 foi elixida a súa candidatura para presidir o Deportivo da Coruña, logo da dimisión do Consello de Administración encabezado por Tino Fernández, converténdose no 43.º presidente da entidade branquiazul.

O 9 de decembro de 2019, ocupando o equipo a última posición da táboa, na peor xeira de resultados da súa historia tras 18 xornadas sen gañar e a 8 puntos da permanencia en Segunda División, anunciouse a dimisión da directiva e a convocatoria de novas eleccións en xaneiro de 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Puertollano Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do Sporting Sada Categoría:Xogadores do Betanzos CF Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Adestradores do CCD Cerceda Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes