Rafael Ochoa Carrasco, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de outubro de 1907 e finado en Francia, foi un mestre, pintor e político galego.

Traxectoria Fillo de Rafael Ochoa Rodríguez, factor do ferrocarril no Carril. En 1910 instalouse coa familia a Pontecesures ao ser nomeado o seu pai xefe desta estación. Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Ceramista e debuxante, foi discípulo de Carlos Maside. Foi pensionado pola Deputación de Pontevedra en 1930 para estudar a cerámica española e francesa. En Pontecesures estivo á fronte da fábrica de cerámica Celta. Foi redactor da Axencia Tass de Madrid.El Pueblo Gallego, 17-8-1932, p. 9. Militou no Partido Comunista e foi un dos fundadores da Liga Atea constituída en outubro de 1932 e colaborou na súa revista Sin Dios.Los sin dios, Sixta Carrasco y Victoria Kent En 1933 marchou coa súa familia a Ourense, onde o seu pai fora trasladado como xefe de estación. Colaborou con deseños en La Zarpa. Foi multado con 250 pesetas por posesión dun "bastón de barajas" en abril de 1935.El Pueblo Gallego, 18-4-1935, p. 15. Alumno do grao profesional de Maxisterio en Ourense.Galicia, 6-10-1935, p. 6. Colaborou en El Pueblo Gallego asinando en ocasións como R. Alfar.As dúbidas respecto ao idioma galego de Johan Carballeira

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estivo preso durante dous anos ata que foi canxeado polos sublevados por medio da Cruz Vermella. Foi oficial do exército republicano. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de refuxiados de Barcarès. Instalouse en Bordeos traballando como moldeador en fundición.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico, p. 178. Despois marchou a París. Dedicouse ao xornalismo e traballou como redactor nun periódico comunista. Morreu no exilio.

Vida persoal

Casou con Concha Liaño Gil.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico, p. 110-112. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes