Xente corrente (en versión orixinal inglesa Ordinary People) é un filme estadounidense dirixido por Robert Redford que se estreou en 1980. A historia baséase na novela homónima de Judith Guest, e conta a desintegración dunha familia de clase alta logo da morte dun dos fillos nun accidente marítimo. Está protagonizado por Donald Sutherland, Mary Tyler Moore, Judd Hirsch e Timothy Hutton.

O filme foi un éxito comercial e de crítica, gañando catro Premios Oscar, incluíndo o Óscar ó mellor filme.

Sinopse Conrad acaba de saír do hospital despois de intentar suicidarse por mor da morte do seu irmán nun accidente. Mantén unha relación moi tensa coa súa nai e vive atormentado por sentimentos de culpa. Aínda que visita tódalas semanas un psiquiatra, non se sente a gusto ata que coñece unha compañeira do coro e comezan a saír xuntos.

Personaxes Donald Sutherland como Calvin Jarrett Mary Tyler Moore como Beth Jarrett Timothy Hutton como Conrad Jarrett Judd Hirsch como Dr. Tyrone C. Berger Elizabeth McGovern como Jeannine Pratt M. Emmet Walsh como Adestrador Salan Dinah Manoff como Karen Aldrich Fredric Lehne como Lazenby James B. Sikking como Ray Hanley Basil Hoffman como Sloan Quinn Redeker como Ward Mariclare Costello como Audrey Meg Mundy como Avoa Elizabeth Hubbard como Ruth Adam Baldwin como Stillman Richard Whiting como Avó Scott Doebler como Jordan "Buck" Jarrett

Galardóns e nomeamentos 1980: 4 Oscars: mellor filme, director, actor secundario (Hutton) e guión adaptado. 6 nomeamentos. 1980: 4 Globos de Ouro, incluíndo Mellor filme dramático. 7 nomeamentos. 1980: National Board of Review: Mellor filme. 1980: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme. 4 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllRovi Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1980 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Redford Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Illinois Categoría:Filmes ambientados en Illinois Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de 1980 con versión en galego