Naegleria é un xénero de protozoos escavados. O xénero recibe o seu nome polo zoólogo francés Mathieu Naegler. As Naegleria viven en hábitats de auga doce cálidos, como lagos, ríos e fontes termais e no solo. Unha das especies do xénero, N. fowleri pode parasitar aos humanos e causar infeccións graves no cerebro.http://www.cdc.gov/parasites/naegleria/index.html
Naegleria fowleri infecta ás persoas penetrando por vía nasal. Desde a mucosa nasal atravesa o neuroepitelio olfactorio e pasa ao interior do cerebro, onde causa unha grave meningoencefalite amébica primaria, que ten unha evolución moi rápida, non ten tratamento efectivo e presenta unha taxa de mortalidade do 99%. Non obstante, a infección é rara. Outras especies do xénero non son patóxenas.
Algunhas especies de Naegleria, como N. fowleri e N. gruberi son notables porque poden cambiar de forma segundo as condicións do medio que as rodea, pasando de forma ameboide a célula flaxelada cun elaborado citoesqueleto.
Algunhas análises moleculares baseadas nas secuencias do ARNr distinguen 47 posibles especies no xénero Naegleria,De Jonckheere J. F. Isolation and molecular identification of vahlkampfiid amoebae from Arctic and sub-Antarctic regions. Europ. J. Protistol. 42, 115-123, 2006b. pero as tres especies máis importantes son: Naegleria fowleri, Carter, 1970, que causa a mencionada meningoencefalite grave. Naegleria gruberi, Schardinger, 1899, non patóxena, de vida libre e única á que se lle secuenciou o xenoma.Lillian K. Fritz-Laylin, Simon E. Prochnik, Michael L. Ginger, Joel B. Dacks, Meredith L. Carpenter et al. (2010). "The genome of Naegleria gruberi illuminates early eukaryotic versatility". Cell 140 (5): 631–642. doi:10.1016/j.cell.2010.01.032. PMID 20211133. Naegleria lovaniensis, Steven, et Al., 1980, non patóxena Stevens, A.R.; De Jonckheere, J.; Willaert, E. (1980). "Naegleria lovaniensis new species: Isolation and identification of six thermophilic strains of a new species found in association with Naegleria fowleri". International Journal for Parasitology 10 (1): 51–64. doi:10.1016/0020-7519(80)90064-8. ISSN 0020-7519. Outras especies de Naegleria que aparecen na lista do ITIS son:ITIS Naegleria Naegleria australiensis, De Jonckheere, 1981. Naegleria jadini, Willaert e Leray, 1973. Naegleria thorntoni, (Singh, 1952) Page, 1976.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Naegleria - Centers for Disease Control and Prevention http://www.bms.ed.ac.uk/research/others/smaciver/naegleria.htm
Categoría:Protistas Categoría:Percolozoos