Amancio Barreiro Gens, nado en Vilar (Cordeiro, Valga) en 1942 e finado en Usurbil (Guipúscoa) o 3 de setembro de 1978, foi un taxista galego asasinado por ETA.
Traxectoria Mecánico de profesión, emigrou ao País Vasco nos anos sesenta e instalouse en Pasaia. Alí casou cunha galega e montou tamén con outros parentes de Galicia unha empresa de taxis. Ante as acusacións de ser confidente da policía decidiu emigrar a Valladolid, pero días antes de facelo foi asasinado. Segundo o expediente xudicial, fixo un servizo de taxi a dúas persoas que o mandaron desviarse por unha pista e lle dispararon.
De posteriores xuízos foron condenadas tres persoas que pertencían a ETA: unha por asasinato e outras dúas por colaboración.
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Valga Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes