La Maravillosa Orquesta del Alcohol, é un sexteto acústico español con influencias folk, blues, rock & roll e punk procedente de Burgos. Son coñecidos tamén co acrónimo do nome do grupo, La M.O.D.A..

O grupo formouse no ano 2011 e os seus compoñentes son Adán R&R Marabillas (guitarra e mandolina), Alvar de Pablo (saxofón e coros), El Maravilloso Caleb (batería e percusión), Joselito Maravillas El reverendo del blues (acordeón e coros), 'Wonder' Juan Mariscal (baixo) e David Ruiz (voz, banjo e guitarra). Nalgúns concertos, contan coa colaboración do galego Jacobo Naya (piano, guitarra e percusión).

La M.O.D.A leva dous anos editando cancións e actuando por todo o país: en festivais, con artistas internacionais como Dropkick Murphys e Frank Turner, en salas, bares ou na rúa.

Discografía No Easy Road (EP; 2011) The Shape Of Folk To Come (EP; 2012) ¿Quien nos va a salvar? (CD; 2013) La Primavera del Invierno (CD; 2017)

Videografía "Gasoline" (2012) "Nómadas" (2012) "Los hijos de Johnny Cash" (2013)

Categoría:Grupos musicais de Castela e León Categoría:Grupos musicais formados en 2011