Aurelio Salgueiro López, nado en Monforte de Lemos en 1936 e finado en Mondragón (Guipúscoa) o 28 de agosto de 1978, foi un garda civil galego, asasinado por membros dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, unha escisión de ETA de carácter anarquista.
Traxectoria Membro da Garda Civil co grao de cabo primeiro, en 1970 foi destinado ao cuartel de Mondragón. Entre os seus traballos estaba o de ir recoller o correo para o cuartel, e un día facendo isto, foi asasinado por disparos de pistola, unha Browning GP-35, feitos por dous homes, que despois fuxiron nun automóbil conducido por outro. Faleceu no sitio, e foi soterrado en Monforte.
A arma foille uns meses máis tarde incautada a un home, José María Iturrioz, á súa vez morto por disparos, neste caso da Garda Civil, e logo de participar nun ataque ao cuartel de Aretxabaleta.
Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes