miniatura|Comparativa das distintas tecnoloxías FTTxFTTN: Fiber To The Node, tamén chamada (FTTCab).FTTC: Fiber To The Curb, tamén chamada Fibre To The Kerb (FTTK).FTTB: Fiber To The Building.FTTH: Fiber To The Home. FTTH (son as siglas en inglés de: Fiber To The Home, fibra óptica ata a casa) é unha tecnoloxía de rede de telecomunicacións baseada na fibra óptica chamada FTTx.

Rede FTTH O deseño da rede parte dun punto do operador de telecomunicacións, un local onde centraliza os equipos e do que parten as fibras ópticas para atender os usuarios. Existen dúas variantes nesta estrutura de rede: A rede en estrela, unha ou dúas fibras ópticas para cada usuario PON (en inglés Passive Optical Network). Os cables de fibra óptica levan centos de fibras e van sendo divididos segundo chegan aos edificios. Rede en xeito de árbore. Pártese duns cables de fibra óptica que son segregados ao chegar aos edificios pero, a diferenza da anterior, empregan divisores ópticos pasivos (splitters). Deste xeito unha fibra pode atender a varios usuarios.

Rede FTTH de Telefónica en España miniatura|180px|esquerda|Técnico sinalando os (tres) divisores ópticos 1:4 dunha caixa de empalmes FTTH, en primeiro termo unha fusionadora de fibra óptica. A rede baséase nunha dispersión e cobertura en árbore. Cada fibra achégase a unha zona concreta na que dará servizo de xeito que con catro fibras ópticas pásase a divisores ópticos 1x4 tendo polo tanto 16 fibras ópticas que, unha vez achegadas aos edificios que atenderán, cada fibra pasa a outros divisores 1x16. Estas fibras ópticas xa serán as que entrarán na casa dos clientes. Deste xeito cada fibra óptica achegada dende a central dará servizo a 64 clientes finais (cada unha das fibras pasa por un divisor 1x4 saíndo 4 fibras de cada divisor e cada unha delas pasa por outro divisor 1x16, tendo en total 256 fibras finais). Por economía de rede e por estratexias comerciais cada árbore está deseñada para que cubra unha zona na que hai máis de 256 clientes, xa que non se agarda que o 100% estea interesado en contratar o servizo.

No deseño das rede FTTH Telefónica emprega programas informáticos como: MicroStation programa de CAD para cartografía e deseño. PLANEX aplicación para o deseño da rede desenvolvida por Telcordia e actualmente propiedade de Ericsson. SGIPE Sistema de Gestión Integrada de Planta Externa para a xestión administrativa da rede. FOSS. WI, xestión de cables.

O traballo das distintas empresas que traballan en FTTH coordínase no portal e-Agora de Telefónica. A rede GPON (Gigabit-capable Passive Optical Networks) de Telefónica ten 2.488 gigabits por segundo (Gbit/s) de baixada, e 1.244 Gbit/s de subida empregando luz láser de 1.490 nanometros (nm) o que permite chegar a un alcance de 20 km. Por perdas de sinal nos elementos da rede esta distancia limítase a uns 8 km.

Servizos Esta tecnoloxía considérase unha evolución do par de cobre permitindo ofrecer telefonía, Internet e televisión por fibra óptica a velocidades moito maiores que o ADSL sen as limitacións de distancia desta tecnoloxía. En Galiza Cable R ofrece servizo FTTB ou FTTH RFoG e Telefónica traballa en FTTH.

Terminoloxía ONT Optical Network Terminal Equipo electrónico na casa do usuario. Splitter Derivador óptico.

Véxase tamén Ligazóns externas e-Agora de Telefónica

Notas

Categoría:Fibra óptica Categoría:Telecomunicacións