O peixe limón (Seriola dumerili) é unha especie de peixe perciforme da familia Carangidae. Non se recoñecen subespecies.
Descrición miniatura|left|Seriola dumerili Ten o corpo aplanado lateralmente e alongado. Os ollos son pequenos e o fociño redondeado e longo, coa mandíbula inferior un pouco prominente e a boca larga. A súa coloración é azulada polo dorso e branca prateada na zona ventral. Algúns exemplares poden presentar unha liña difusa de cor amarela ao longo dos flancos. A liña lateral encóntrase levemente arqueada na súa parte anterior, non mostra placas óseas e presenta de 150 a 180 escamas de pequeno tamaño ao longo da mesma. Ten dúas aletas dorsais e a aleta anal atópase precedida por dúas espiñas.
Os alevíns teñen liñas transversais de cor escura sobre un fondo amarelado.
Alcanza unha lonxitude máxima de 160 cm e un peso de 60 kg.
Distribución e hábitat A súa distribución é circunglobal, encontrándose no océano Índico, no Pacífico occidental e no Atlántico, de Nova Escocia (Canadá) ao Brasil, e desde as illas Británicas até Marrocos, así como no mar Mediterráneo. É propio de augas subtropicais, principalmente asociado aos arrecifes. Os exemplares novos están ocasionalmente baixo o sombreiro de escifomedusas.
Comportamento É de hábitos peláxicos ou epibentónicos. Pode nadar en solitario ou tamén formar grupos.
Reprodución Os machos alcanzan a madurez sexual aos catro anos e as femias aos cinco. O período de desove ten lugar en primavera e verán, dependendo da zona de distribución.
Alimentación A súa alimentación componse principalmente de crustáceos, luras e alevíns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es
Categoría:Caránxidos