G N' R Lies , tamén coñecido como Lies, é o segundo álbum da banda estadounidense de hard rock Guns N' Roses, publicado o 29 de novembro de 1988 a través do selo Geffen Records. Aínda que oficialmente é un EP, foi tratado como un álbum de estudio cando foi editado. Segundo a RIAA, o EP vendeu ao redor de 5 millóns de copias só nos Estados Unidos. "Patience" foi o único sinxelo sacado de Lies; este acadou o número 4 na lista Billboard Hot 100.
Listaxe de cancións Todos os temas acreditados a Guns N' Roses. Os compositores reais están listados a continuación.
Categoría:Álbums de Guns N' Roses Categoría:Álbums musicais de 1988 Categoría:Álbums producidos por Mike Clink Categoría:Álbums de Geffen Records