San Lourenzo da Agualada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 532 habitantes (283 mulleres e 249 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 577 habitantes, sendo 262 homes e 315 mulleres.

Desta parroquia, provén a nai de Arturo Cuadrado e máis tarde este viría a vivir aquí ao falecer seu pai.

Topónimo Segundo Fernando Cabeza Quiles, a palabra "Agualada" pode vir do latín "aqualata" [corrente de auga que, polo xeral, vai encanada] e cítase en documentos dos anos 816, 978 e 1119 nos que aparecen respectivamente: ad Agualata, Uilla Aqualevata e per Aguam Ladam.

Lugares e parroquias Lugares da Agualada

Parroquias de Coristanco

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Coristanco

Categoría:Parroquias de Coristanco Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo