San Salvador de Erbecedo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 665 habitantes (312 mulleres e 353 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 889 habitantes. Segundo o IGE, en 2004 a súa poboación era de 829 habitantes (426 mulleres e 403 homes). Patrimonio
Esta parroquia conta cun total de tres igrexas, das cales dúas seguen en uso. A primeira delas está situada no lugar do Campo, e úsase para facer a misa pola Virxe da Saleta. Case ao lado desta está unha que é máis antiga e que está en desuso dende practicamente a fin da guerra civil española. A pouco menos de 200 metros desta última encóntrase a máis nova e a que se usa para a misa de todos os domingos, e xeralmente para enterros e defuncións.
Xeralmente nos días de festa adórnase o cruceiroImaxe do cruceiro adornado con flores situado no lugar do Campo, ao igual que a primeira igrexa.
Lugares e parroquias Lugares de Erbecedo
Parroquias de Coristanco
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Coristanco
Categoría:Parroquias de Coristanco Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador