El Canta-Claro foi un periódico editado en Corcubión en 1905.
Historia e características Subtitulada Revista literaria e independente, defensora de los intereses generales, apareceu en 1905. Foi voceiro do deputado a Cortes polo distrito de Corcubión Ramón Sanjurjo Neira. O número 9 (10 de decembro de 1905) fai unha apoloxía do político liberal Segismundo Moret, que viña de ser nomeado presidente do Goberno. Nese mesmo número apareceu un artigo en galego sobre a Festa das Neves. Tiña colaboradores en Muxía, Vimianzo e Camariñas.
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte)
Categoría:Prensa escrita de Corcubión Categoría:1905 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España