Owain Glyndŵr (ˈoʊain ɡlɨ̞nˈduːr) ou Owain Glyn Dŵr, nado c. 1349 ou 1359 e finado c. 1415, foi un gobernante galés e o derradeiro nativo en ter o título de Príncipe de Gales (Tywysog Cymru). Instigou unha forte pero non exitosa revolta contra o dominio do Reino de Inglaterra sobre Gales.bbc.co.uk Owain Glyn Dwr (c.1354 - c.1416) Historic Figures Traxectoria Glyndŵr era descendente dos Príncipes de Powys a través do seu pai Gruffudd Fychan II, herdeiro Tywysog de Powys Fadog e Señor de Glyndyfrdwy, e de Deheubarth a través da súa nai Elen ferch Tomas ap Llywelyn. O 16 de setembro de 1400, Glyndŵr instigou Revolta galesa contra o goberno de Henrique IV de Inglaterra. O alzamento foi exitoso ó comezo, e axiña gañou o control de grandes áreas de Gales, pero sufriu por mor da falta de artillaría, que facía que capturar fortificacións fose moi difícil, e de barcos, que facía a súa liña costeira vulnerable. A revolta foi subxugada debido ós recursos superiores dos ingleses. Glyndŵr foi illado no seu último reduto en 1409, pero evitou ser capturado. O último avistamento documentado del data do ano 1412. Rexeitou por dúas veces as ofertas de perdón do seu inimigo militar, o novo rei Henrique V de Inglaterra, e malia as grandes recompensas ofrecidas, Glyndŵr nunca foi traizoado. A súa morte foi gravado por un ex-seguidor seu no ano 1415.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía J.E. Lloyd, Owen Glendower, 1931 classic. R. Rees Davies, The Revolt of Owain Glyn Dŵr (1995) Oxford University Press ISBN 0-19-285336-8 Geoffrey Hodge, Owain Glyn Dwr: The War of Independence in the Welsh Borders (1995) Logaston Press ISBN 1-873827-24-5 Burke's Peerage & Baronetage, 106th Edition, Charles Mosley Editor-in-Chief, 1999. pp. 714, 1295 Jon Latimer, Deception in War, (2001), John Murray, pp. 12–13. A. G. Bradley, Owen Glyndwr and the Last Struggle for Welsh Independence. (1901) G. P. PUTNAM’S SONS

Ligazóns externas Sociedade Owain Glyndŵr Cefn Caer e

Categoría:Nados en 1349 Categoría:Finados en 1410 Categoría:Reis de Powys Categoría:Reis de Gales