miniatura|Viñas no Pico do Fogo, Cabo Verde.
O viño de Cabo Verde é un dos viños máis próximos ao ecuador. A produción limítase á Illa do Fogo, en Chã das Caldeiras, ao pé do Pico do Fogo, un estratovolcán que entrou por última vez en erupción en 1995.
Historia É un viño novo, que ten 120 anos de tradición vitivinícola. Os primeiros viños foron producidos para a exportación no Brasil e Guinea-Bissau, que era entón unha colonia portuguesa como Cabo Verde. A etiquetaxe dos viños Chã (etiqueta vermella) é feita pola Associação dos Agricultores de Chã coa axuda da Unión Europea. É comercializado baixo o nome de Vinho de Fogo.
Produción e comercialización No 2006, a Assosiaçao dos Agricultores de Chã con 100.000 quilogramos de uvas, producía 40.000 caixas de viño (12 botellas cada caixa), no 2008, a colleita foi de 72.000 quilogramos de uva, o que corresponde a 55 000 botellas de 0,75 litros.
A demanda é tal que o viño tinto non é envellecido durante un tempo considerábel. Tódolos viños son consumidos ou vendidos localmente.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Cultura de Cabo Verde Categoría:Viños por país